Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 29/03/2022 | Practicando a boccia en ADACE Lugo

O CERMI Galicia crea unha 'Comisión de Deporte e Vida Saudable'

FEGADACE é un dos membros do novo grupo de traballo, que pretende detectar barreiras no acceso ao deporte.

29/03/2022 | Galicia

O CERMI Galicia consitiuíu este mes de marzo a súa 'Comisión de Deporte e Vida Saudable', que se marcou como obxectivo detectar e eliminar as barreiras existentes no acceso das persoas con discapacidade ao deporte, así como colaborar coa administración asesorándoa sobre as necesidades específicas do colectivo a este respecto.

FEGADACE é unha das entidades que forman parte do grupo de traballo a través da súa traballadora social, Carla Miranda. Xunto cos outros membros do grupo, traballará na identificación e sensibilización sobre as necesidades das persoas con discapacidade para practicar exercicio físico, avaliará a accesibilidade das instalacións e demais servizos deportivos, e realizará propostas de formación do persoal técnico deportivo.

A Comisión vai traballar en colaboración coa Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables e Exercicio Físico realizando propostas para a inclusión do colectivo da discapacidade e as súas especificidades nas iniciativas que despregue, en solitario ou en colaboración con outros axentes relacionados coa práctica deportiva.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)