Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 30/03/2022 | Charla de ADACE Lugo en Rábade

ADACE Lugo retoma os seus obradoiros sobre o dano cerebral en Rábade

O traballador social, Pablo Freire, falou das causas e secuelas e presentou os servizos da asociación.

30/03/2022 | Rábade

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo retomou en marzo o seu programa de obradoiros sobre o dano cerebral, que desenvolve en concellos de toda a provincia. O traballador social de ADACE Lugo estivo o pasado 23 de marzo en Rábade. A asociación agarda que pronto se poidan programar novas charlas.

A sesión informativa de Rábade estivo centrada en explicar que é o dano cerebral adquirido, cales son as secuelas e consecuencias desta discapacidade, e que é ADACE Lugo e cales son os seus servizos.

Con esta iniciativa ADACE Lugo pretende visibilizar o dano cerebral adquirido, sensibilizar para a súa prevención, e achegar os seus servizos a todas aquelas persoas que, precisándoos, descoñecen a súa existencia.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)