Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 31/03/2022 | Dúas persoas de Renacer fan voluntariado en Cáritas.

A Asociación Renacer continúa coas actividades de Voluntariado Protexido

Persoas con dano cerebral colaboran na clasificación e reparto de alimentos dun centro residencial de Ourense.

31/03/2022 | Ourense

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, desenvolve un modelo de voluntariado e participación sociocomunitaria con apoio que é específico para persoas con dano cerebral que xa non poden desenvolverse no mundo laboral pero que por vontade propia desexan realizar actividades e ao mesmo tempo prestar atención e axuda a outras persoas que o poidan precisar.

Polas secuelas do dano cerebral, estas persoas precisan adaptacións, axuda en planificación e supervisión do persoal técnico, así como sensibilización e a colaboración das entidades de destino implicadas cos procesos inclusivos e que levan a cabo accións de voluntariado.

As accións están enfocadas tanto a conseguir beneficios terapéuticos da persoa participante, como, ao mesmo tempo, conseguir beneficios e obxectivos sociocomunitarios reais e de alto valor social da propia práctica voluntaria que levan a cabo. Neste momento estase a deselvolver unha participación e colaboración na clasificación e reparto de alimentos dun centro residencial de Cáritas Ourense.

Entre outros obxetivos, perséguese a inmersión nun proceso de integración e inclusión; participar e acceder á comunidade en todas as súas dimensións, propiciar un marco de desenvolvemento persoal, de habilidades sociais e autonomía, e visibilizar e sensibilizar sobre a realidade do dano cerebral, fortalecendo e continuando unha cadea de axuda voluntaria, atendendo a necesidades sociais reais.

A actividade desenvólvese de xeito ininterrumpido todas as semanas. O responsable do programa é o educador social de Renacer, Jose Antonio Fernández Delgado.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense