Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 08/04/2022 | Campaña 'X Solidaria' 2022

As entidades sociais reunímonos para concienciar da #emerXenciaSolidaria

Esta mañá lembramos en Santiago a importancia de marcar 'X Solidaria' na declaración da renda.

08/04/2022 | Santiago

As entidades sociais reunímonos esta mañá en Santiago, na Praza da Quintana, para lembrar a toda a cidadanía, e especialmente ás persoas contribuíntes que van facer a súa declaración da renda, a importancia de marcar 'X Solidaria'.

Patricia Blanco, da EAPN Galicia, Luciano Fernández, do CERMI Galicia, e Xesús Vilas, da Plataforma de Organizacións de Infancia, presentaron o manifesto a prol de marca 'X Solidaria' e subliñaron a importancia de facelo para tratar de paliar a situación de "emerxencia" que estamos a vivir como consecuencia da pendemia, da inflación e da guerra en Ucraína. Por ese motivo empregaron o lema #emerXenciaSolidaria para a difusión desta campaña.

Salientaron que este ano é máis importante que nunca lograr que máis persoas marquen o cadro de fins sociais, por unha banda, pola merma de ingresos e polo tanto de recadación impostiva e, pola outra, polo incremento da cantidade de persoas en situación de vunlerabilidade que as organizacións sociais teremos que atender a través dos programas financiados grazas ao 0,7% do IRPF.

Ademais, lembraron que:
 
  • Marcar 'X Solidaria' non custa nada. Nin vas pagar máis nin che van devolver menos.
  • Ti decides a onde queres que se destinen o 0,7% dos teus impostos.
  • Se xa marcas a casiña da Igrexa, marcando tamén a de ‘Actividades de Interese Social’ poderás axudar o dobre, decidindo a que se adica o 1,4% dos teus impostos.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > X Solidaria
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)