Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 18/04/2022 | Investigación sobre o impacto do ictus no sedentarismo

ADACECO participa nunha investigación sobre o impacto do ictus no sedentarismo

Trátase dun proxecto multicéntrico en colaboración coa Universidade San Jorge de Zaragoza.

18/04/2022 | A Coruña

ADACECO, xunto coa Universidade San Jorge de Zaragoza e diversos centros repartidos por toda a xeografía española, está a realizar un proxecto de investigación sobre 'O impacto do ictus na participación nas diferentes áreas da ocupación e o sedentarismo'.

O obxectivo é observar, desde unha perspectiva  multifactorial, a influencia de factores individuais, sociodemográficos e clínicos sobre o grao de participación e nivel de sedentarismo nas persoas que tiveron ictus en España.

Mediante unhas pulseiras de actividade, recóllense os datos para a súa posterior valoración.
 
Información de ADACECO.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Investigación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO)