Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Renacer | 18/04/2022 | Posto informativo de Renacer no CHUO polo Día da Saúde

Renacer colocou un posto informativo no CHUO polo Día Mundial da Saúde

O hospital de Ourense convocou a todas as entidades sociosanitarias da cidade pola efeméride.

18/04/2022 | Ourense

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense, Renacer, estivo no CHUO o pasado 7 de abril, conmemorando o Día Mundial da Saúde.

O Hospital de Ourense convocou ás asociacións sociosanitarias locais, de discapacidade ou de pacientes, para colocar postos informativos no centro e potenciar a relación entre este tecido e as doentes que poidan precisar dos seus servizos e asesoramento.

Renacer conmemorou a efeméride participando na feira, onde un profesional e dúas persoas usuarias da entidade informaron ao público sobre o dano cerebral adquirido e os servizos da asociación.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense