Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xurdir | 25/04/2022 | Cartel da Carreira das Letras, que destina 1€ por inscrición a FEGADACE

A 'Carreira Camiño das Letras' vai destinar 1 euro de cada inscrición a FEGADACE

A inscrición está aberta e ofrece dous percorridos: do Pico Sacro á Cidade da Cultura, ou polo Gaiás.

25/04/2022 | Santiago

O vindeiro 17 de maio organízase en Santiago a VIII Carreira Camiño das Letras. Esta carreira une deporte, cultura, lingua galega, e tamén solidaridade, xa que a organización vai destinar a FEGADACE 1 euro de cada inscrición.

A carreira conta con dous circuítos:
 
  • O primeiro, de 15 quilómetros, sae ás 10:00 do Pico Sacro (en Boqueixón) e circula polo Camiño do Sueste - Vía da Prata, ata a Cidade da Cultura. Hai servizo de autobuses da Cidade da Cultura ata o Pico Sacro.
  • O segundo, de 5 quilómetros, sae ás 10:05 da Cidade da Cultura e realiza un percorrido polo Gaiás e polo Bosque de Galicia.
 
A recollida de dorsais farase no concesionario Bonaval Car (Rúa Cruceiro da Coruña, 99), en Santiago, o día 16 de maio de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Hai máis información, e pódense tramitar as inscricións en www.carreirasgalegas.com.
 
A carreira está organizada por Xurdir Eventos, a quen FEGADACE quere transmitir o agradecemento por esta doazón.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)