Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 29/04/2022 | Sinatura do convenio 'Nado Polo Dano Cerebral'

Convenio con nadadores de augas abertas para o proxecto 'Nado Polo Dano Cerebral'

Asinan a Asociación 'Arousaman Manolo O Nacho', Aitor de Luis González e Guillermo Díez Lorenzo.

29/04/2022 | Galicia

O presidente de FEGADACE, Luciano Fernández, e os nadadores de augas abertas Aitor de Luis González e Guillermo Díez Lorenzo, así como a Asociación Deportiva Cultural Arousaman Manolo O Nacho, representada por Juan Ramón Martínez, asinaron este mércores un convenio de colaboración para traballar conxuntamente no proxecto 'Nado polo dano cerebral'.

'Nado polo dano cerebral' é unha iniciativa saudable e solidaria por medio da que un grupo de persoas con dano cerebral adquirido está a recibir adestramento en natación (promovendo no noso colectivo a práctica de exercicio e a erradicación do sedentarismo, causantes de situacións de dependencia).

Tamén é unha iniciativa solidaria porque está previsto que en xullo se celebre unha Travesía a Nado Polo Dano Cerebral, que estará aberta a persoas con dano cerebral e outras discapacidades e tamén á poboación en xeral. Esta actividade será solidaria porque a recadación está destinada a FEGADACE, e de sensibilización, porque vai promover o deporte inclusivo e uns hábitos saudables fundamentais para evitar situacións de dependencia -no caso da poboación xeral porque contribúen a previr o ictus e no caso das persoas con dano cerebral para frear as secuelas físicas que poidan ter-.

O convenio tamén recolle a posibilidade de organizar máis actividades deportivas, de elaborar materiais de sensibilización sobre as causas comúns ou de realizar máis accións formativas que redunden no colectivo do dano cerebral adquirido. Estará vixente ata a finalización da devandita Travesía.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)