Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEDACE | | Campaña 'Coñece os teus dereitos'

'Coñece os teus dereitos': resposta ás dúbidas das persoas con dano cerebral

Campaña das entidades da FEDACE para dar a coñecer os apoios e recursos aos que poden acceder.

10/05/2022

As entidades da Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) lanzamos hoxe a campaña 'Coñece os teus dereitos', coa que queremos resolver as principais dúbidas que teñen ao respecto as persoas usuarias das nosas asociacións e as súas familias. Na recompilación de preguntas e respostas que imos ir publicando ao longo do mes falaremos dos recursos e apoios ao que poden acceder as persoas con dano cerebral.

"Como inflúe a nova lexislación nas persoas con dano cerebral?" é a primeira das cuestións formuladas na serie de microvídeos que publicaremos entre hoxe e o 31 de maio. As persoas con dano cerebral adquirido teñen dereito a decidir que apoios precisan. Explicámolo neste vídeo:


Pódense atopar respostas máis desenvolvidas e moita máis información nos seguintes documentos:
 

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Federación Española de Daño Cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)