Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 12/05/2022 | Servizo de Asesoría Xurídica de FEGADACE

Poñemos en marcha un Servizo de Asesoría Xurídica para persoas con dano cerebral

Este recurso, gratuíto e confidencial, tamén está dirixido ás asociacións e aos seus equipos profesionais.

13/05/2022 | Galicia

FEGADACE pon en marcha un Servizo de Asesoría Xurídica destinado a informar, aconsellar e apoiar á súa base social naquelas cuestións xurídicas relacionadas coa chegada do dano cerebral adquirido ás súas vidas, con toda a complexidade de aspectos que implica esta discapacidade.

O servizo diríxese a persoas con dano cerebral socias das entidades de FEGADACE, así como ás súas familias, e ás entidades federadas. Trátase dun servizo de balde e confidencial para o que FEGADACE conta coa colaboración do avogado Miguel Vieito Villar.

Esta iniciativa está ideada para complementar o apoio que as familias e persoas con dano cerebral reciben en ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela, e inclúe a atención de consultas e asesoramento individual (sobre dereitos e outras cuestións que poidan xurdir en relación coa chegada da discapacidade á vida da persoa e do núcleo familiar), acompañamento en situacións de discriminación e vulneración de dereitos e en casos de violencia, asesoramento a profesionais das entidades federadas, e actividades de formación e divulgación.

Para solicitar o Servizo de Asesoría Xurídica, preferentemente hai que dirixirse á traballadora social de referencia da asociación da que se é socia ou tamén ao enderezo de correo electrónico legal@fegadace.org, remitindo os formularios de solicitude de consulta ou de charla xurídica (só para asociacións), segundo sexa o caso. Estes modelos están dispoñibles para a súa descarga e impresión, e tamén para cubrir online a través dun formulario. Hai máis información sobre o servizo e o seu funcionamento e alcance neste dossier.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Servizo de Asesoría Xurídica
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)