Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 01/06/2022 | Investigación do INICO

ADACE Lugo, Alento e Sarela colaboran no estudo da Calidade de Vida Familiar

Iniciativa do INICO para crear unha escala de calidade de vida das familias das persoas con dano cerebral.

01/06/2022 | Galicia

O 28 de maio, un grupo de familiares de Alento participaron na primeira sesión do proxecto Calidade de Vida Familiar e Dano Cerebral, da man de José Luis Castillo Laderas, investigador do Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) da Universidade de Salamanca.
 
O INICO convidou ao Centro de referencia Estatal de Atención ao Dano Cerebral (CEADAC) e ás entidades da Federación Española de Dano Cerebral (FEDACE) a participar nun novo proxecto sobre Calidade de Vida Familiar e Dano Cerebral. Das asociacións galegas, deron o paso de participar ADACE Lugo, Alento e Sarela.
 
O proxecto Calidade de Vida Familiar e Dano Cerebral ten como obxectivo facer unha escala de calidade de vida das Familias das persoas con Dano Cerebral, unha ferramenta de avaliación da calidade de vida que permitirá:
 
  • A planificación de sistemas de apoio para as familias de forma sistematizada.
  • O estudo dos diferentes factores que inflúen nos resultados familiares para establecer as mellores condicións para a promoción do benestar das familias.
  • O estudo do impacto que os sistemas de apoio teñen sobre a súa calidade de vida familiar, para mellorar a atención que proporcionan os diferentes servizos e/ou organizacións.
  • O uso da ferramenta/escala ao dispor das entidades do movemento asociativo Dano Cerebral participantes no proxecto.
 
Desde Alento amosan a súa satisfacción por participar, pola importancia do apoio ás persoas que acompañan a quen presenta dano cerebral, entendendo que as familias son piares fundamentais nas súas vidas.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)