Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 23/06/2022 | Bandeira Nado #PoloDanoCerebral

Aitor de Luis nada en augas abertas #PoloDanoCerebral durante este verán

Acordo co deportista para a concienciación sobre o dano cerebral no seu circuíto de competición.

23/06/2022 | Galicia

"Polo Dano Cerebral" é o lema que vai acompañar ao nadador vigués Aitor de Luis no circuíto de competicións en augas abertas que vai realizar ao longo do verán. FEGADACE e o deportista teñen un acordo de colaboración con diferentes liñas de traballo, nas que se inclúe a formación en natación para persoas con dano cerebral, así como a sensibilización sobre a nosa discapacidade.

Aitor de Luis comezou o 4 de xuño un calendario de competición que o leva a participar nas probas do Circuíto Galego Augas Abertas, así como nalgunhas outras convocatorias, incluíndo a Travesía La Sardina no País Vasco. A etapa final será en Ponteareas o 17 de setembro.

En todas as súas travesías, De Luis vai levar un equipamento marcado co lema #PoloDanoCerebral, e celebrará as súas subidas ao podio cunha bandeira que levará o nome da nosa discapacidade, co obxectivo de concienciar e de sensibilizar á poboación sobre as necesidades do colectivo.
 
Eis o seu calendario completo:
 
  • 04/06/2022. Campionato Galego (Ponteareas)
  • 12/06/2022. Travesía Costa (A Coruña)
  • 09/07/2022. Travesía La Sardina (Santurtzi)
  • 17/07/2022. Travesía Costa Oleiros (Oleiros)
  • 23/07/2022. I Travesía Praia de Oza (A Coruña) [SUSPENDIDA]
  • 25/07/2022. Travesía Dique Barrié de la Maza (A Coruña)
  • 31/07/2022. Travesía Costa (Balarés)
  • 06/08/2022. Travesía Minius (Lugo) [SUSPENDIDA]
  • 07/08/2022. Travería a nado (Ría de Vigo)    
  • 14/08/2022. Travesía Sisargas (Malpica)
  • 15/08/2022. Travesía a nado Praia de Coroso (Ribeira)
  • 20/08/2022. Travesía a nado Illa de Bensa (Boiro)
  • 21/08/2022. Travesía Vila do Tea (Ponteareas)
  • 04/09/2022. Travesía Costa (Ézaro)
  • 17/09/2022. Etapa Final (Ponteareas)
 
A práctica deportiva ten unha enorme importancia para FEGADACE, pois é unha condición fundamental para levar uns hábitos de vida saudables que nos axuden a previr o ictus. No caso das persoas con discapacidade, é unha ferramenta perfecta para previr situacións de dependencia, así como para potenciar a inclusión social.

A Federación está a promover diversas actividades deportivas #PoloDanoCerebral, como o proxecto de natación para persoas con dano cerebral adquirido, a Travesía a Nado, e agora esta colaboración con Aitor de Luis.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)