Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Sarela | 07/07/2022 | Servizo de información e orientación en Sarela

Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos

O equipo de traballo social de Sarela recompila trámites e recursos nun novo artigo para Eroski Consumer.

07/07/2022

Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández son as traballadoras sociais da Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e tamén as autoras dunha nova colaboración coa revista Eroski Consumer, titulada 'Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos'.

Esta é xa a sétima publicación de FEGADACE en Consumer no marco da nosa colaboración bimestral, e a cuarta do ciclo iniciado en 2022, no que se relata cronoloxicamente o impacto do dano cerebral adquirido. En xaneiro definimos o dano cerebral, en marzo falamos de prevención, en maio da rehabilitación, e agora, en xullo, informamos sobre trámites e recursos de atención.

Eis a relación completa de artigos:
 
Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
 
Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
 
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
 
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)