Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Asociación de Dano Cerebral de Ourense | 18/07/2022 | Equipo da Asociación de Dano Cerebral de Ourense

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense estrea nova sede no seu 20 aniversario

Un cambio motivado pola necesidade ampliar a cobertura na cidade e na provincia.

19/07/2022 | Ourense

A Asociación de Dano Cerebral de Ourense, fundada en 2002, celebra o seu 20 aniversario cambiando de sede. As novas instalacións atópanse na rúa Clara Campoamor, 15; tamén na capital da provincia.

O cambio viu motivado pola necesidade e demanda para dar cobertura e atender a todas as persoas con dano cerebral adquirido en fase aguda, subaguda e crónica. Este novo proxecto consiste na apertura dun centro de atención integral ao dano cerebral na cidade, para traballar nas seguintes áreas:
 
  • Crear un novo servizo de centro de día terapéutico.
  • Ampliar e mellorar os servizos ambulatorios de atención especializada (clínica e social).
  • Área ocupacional e de inclusión.
 
A Asociación crea deste xeito un recurso inexistente na provincia e no concello para responder a unha problemática crecente. De aí que deran o paso de saír da súa anterior sede, nas instalacións de Aixiña. A intención da entidade é investir en innovación a través de equipamento técnico e tecnoloxía de innovación.

Arquivada en:
A Federación > Que é FEGADACE
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense