Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Autismo España | 22/07/2022 | A presidenta de FEDACE (segunda pola esq.) xunto coa ministra e o secretario de Estado de Dereitos Sociais e outros representantes da agrupación que promove Rumbo

Participamos en 'Rumbo: Cara Un Modelo de Autonomía Persoal Conectada e Inclusiva'

Desenvólveno un consorcio estatal de 5 entidades de discapacidade e finánciase cos fondos Next Generation.

22/07/2022 | Galicia

FEGADACE participa na agrupación de entidades de discapacidade que idearon o proxecto Rumbo, unha iniciativa que se vai desenvolver a nivel estatal ao longo dos vindeiros tres anos para a promoción da autonomía persoal e da vida independente.

Esta agrupación está liderada por COCEMFE e participada por Autismo España, Confederación Aspace, Predif e FEDACE. No marco do movemento asociativo do dano cerebral adquirido, ademais da Federación estatal, desenvolven o proxecto FANDACE (Andalucía) e FEGADACE.

O proxecto 'Rumbo: Cara Un Modelo de Autonomía Persoal Conectada e Inclusiva' ten como obxectivo principal evitar a institucionalización das persoas con discapacidade, promovemendo un modelo de apoio á autonomía persoal que facilite o exercicio dunha vida independente e que permita que este colectivo poda desenvolver os seus proxectos vitais nas súas contornas familiares, comunitarias e sociais.  

Este programa conta co financiamento dos fondos Next Generation da UE, asignados a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. 'Rumbo' presentouse o mércores no marco da xornada 'Construíndo un novo país: os fondos europeos ao servizo da innovación social', que organizou o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. FEDACE estivo representada pola súa presidenta, Ana Cabellos.

O proxecto Rumbo vaise executar en cinco comunidades autónomas no marco dos recursos de apoio para persoas con discapacidade física, orgánica, parálise cerebral e TEA, ademais do dano cerebral adquirido.

A iniciativa conta con oito liñas ou paquetes de traballo que inclúen accións para manter ás persoas con discapacidade vinculadas ao seu contorno social, achegándolles solucións de atención, rehabilitación, vivienda, formación, lecer, sistemas de apoios, entre outras, que faciliten a súa autonomía, inclusión e vida independente.

FEGADACE atópase inmersa no deseño das accións que se van desenvolver en Galicia dirixidas ao colectivo do dano cerebral adquirido, e que se iniciarán a partir do mes de setembro.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > E despois que?
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)