Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 26/07/2022 | Fin de curso de ADACE Lugo

ADACE Lugo repasa, no fin de curso, as actividades no contorno comunitario

As persoas usuarias da asociación lucense fixeron actividades deportivas e paseos e visitas a exposicións.

26/07/2022 | Lugo

Durante os meses de maio e xuño, e coa chegada da calor, remataron as actividades realizadas fóra das instalacións de ADACE Lugo. A asociación lucense volve coas baterías cargadas para o próximo mes de setembro.

Esta é a crónica de "fin de curso" que remiten:
 
  • Volei in: Despois do exercicio habitual, fixemos unha festa e polo tanto tomamos algo na piscina das Pedreiras para celebrar o final de tempada.
  • Fenda Dixital: Fixemos unha saída polo centro de Lugo co obxectivo de aplicar os coñecementos das novas tecnoloxías vistos durante o curso.
  • Memoria presencial e en liña: Os dous grupos saímos a ver unha exposición, alí coñecemos máis cousas sobre as orixes de Lugo.
  • Grupo de familias: Acudimos a un divertido escape room co tema de Jumanji.
  • Piscina: Demos un último baño na piscina traballando na mellora da nosa condición física.
  • Baloncesto: Rematamos a actividade facendo diversos exercicios e tirando a canastra.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)