Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 28/09/2022 | O importante é chegar ben

Ciclo de obradoiros de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido

FEGADACE colabora cos Espazos +60 de Afundación para a organización de 11 sesións informativas en outubro.

28/09/2022 | Galicia

FEGADACE presenta unha nova colaboración cos Espazos +60 de Afundación en forma de ciclo de obradoiros de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido.

Esta serie de sesións informativas organízase en outubro, mes do dano cerebral, co obxectivo de reforzar a prevención dos accidentes de tráfico entre a poboación maior, estendendo a concienciación sobre a dimensión do dano cerebral adquirido como consecuencia dos mesmos.

Os obradoiros están dirixidos a persoas de máis de 50 anos e, aínda que a asistencia é libre e de balde, é preciso inscribirse previamente da seguinte maneira:
 
  • As persoas socias dos Espazos +60 poden anotarse no seu local de referencia.
  • As persoas que non son socias poden:
  1. Cubrir este formulario de inscrición.
  2. Chamar ao 881 943 148.
 
O ciclo vai ocupar todo o mes con ata 11 sesións informativas en todas as vilas e cidades nas que Afundación dispón de Espazo +60:
 
  • Viveiro (07/10/2022 | 17.30 h.)
  • Vigo (13/10/2022 | 18.00 h.)
  • Ferrol (17/10/2022 | 18.00 h.)
  • Pontevedra (18/10/2022 | 18.00 h.)
  • Lugo (19/10/2022 | 18.30 h.)
  • A Coruña (20/10/2022 | 19.00 h.)
  • Ourense (21/10/2022 | 17.30 h.)
  • Pontedeume (24/10/2022 | 18.00 h.)
  • Betanzos (25/10/2022 | 17.00 h.)
  • Monforte (26/10/2022 | 18.00 h.) - Día do Dano Cerebral
  • Santiago (27/10/2022 | 18.30 h.)
 
Esta acción de sensibilización forma parte do programa de conmemoracións de FEGADACE con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral. Trátase dunha xornada de vital importancia para o movemento asociativo, na que incrementamos o esforzo por dar a coñecer a situación do colectivo e por concienciar á poboación sobre a prevención do dano cerebral.

Ademais da colaboración con Afundación, FEGADACE dispón do financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.
 
26 de outubro | #DíaDanoCerebral

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Prevención
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)