Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 08/11/2022 | Participantes no grupo

A asociación DCA Ourense pon en marcha un 'Grupo de benestar físico'

As persoas con dano cerebral traballan capacidades como forza, coordinación, equilibrio ou flexibilidade.

08/11/2022 | Ourense

Entre as novidades postas en marcha pola asociación DCA Ourense no seu novo centro está o 'Grupo de benestar físico'. Este proxecto consiste en clases dous días por semana en grupos de entre catro e seis persoas persoas, o que permite individualizar cada unha dassesións. Grazas a iso, facilítase a consecución dos obxectivos das nosas usuarias do grupo.

As sesións están enfocadas ás melloras ergonómicas e antropométricas mediante o traballo de diferentes capacidades como son a forza, a coordinación, o equilibrio, a resistencia ou a flexibilidade. Todas elas son tratadas cun enfoque clínico, e seguindo a filosofía da "conciencia e aprendizaxe na calidade dos nosos movementos".

No grupo de benestar físico empréganse materiais como gomas, balóns, material inercial, pesas, fitball...

Entre os beneficios desta iniciativa está a mellora do estado físico, da funcionalidade, a prevención de lesións, a mellora da saúde, a corrección postural, a interacción social, ou traballo en equipo.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense