Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 09/11/2022 | Encontro virtual en ADACE Lugo

Ciclo de encontros virtuais e presenciais das persoas con dano cerebral de Lugo

ADACE Lugo conmemorou o 26 de outubro con esta actividade, a lectura do manifesto e unha exposición.

09/11/2022 | Lugo

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo conmemorou o Día do Dano Cerebral con múltiples actividades, entre elas, unha herdada da época da pandemia pero adaptada aos novos tempos: un ciclo de encontros virtuais, e tamén presenciais, con persoas e colectivos de interese para os usuarios e usuarias da entidade.

Entre o 21 e o 28 de outubro tiveron a oportunidade de conversar con 'Enfermera saturada', co Instituto de Muxía e con Macarena Estevez (concursante de 'La Voz Kids'). Tamén recibiron as visitas dun sarxento da garda civil da comandancia de Lugo e de Amador Arias e Benedicta Sánchez (protagonistas da película 'O que arde', rodada nos Ancares).

Ademais, no mesmo Día do Dano Cerebral, o conxunto de membros da asociación desprazouse á Praza Maior de Lugo para ler o manifesto. Esa mesma tarde realizaron unha Xornada de Portas Abertas no centro, na que amosaron unha exposición fotográfica elaborada a partir de imaxes tomadas polo equipo profesional, as persoas usuarias, e outras colaboradoras e colaboradores.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Día Nacional do Dano Cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)