Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 15/11/2022 | Curso 'Sexualidade e dano cerebral adquirido'

Aberto o prazo de matrícula no curso 'Sexualidad y daño cerebral adquirido'

FEGADACE organiza esta actividade formativa online, que se desenvolve do 28 de novembro ao 31 de decembro.

15/11/2022 | Online

A 'Escola Dano Cerebral' de FEGADACE continúa coa súa programación cun novo curso sobre 'Sexualidad y daño cerebral adquirido'. Esta actividade formativa está deseñada para capacitar e formar a diferentes perfís profesionais na abordaxe da sexualidade en persoas con dano cerebral adquirido.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 27 de novembro. O curso iníciase ao día seguinte, e ten unha duración de 50 horas que cada estudante distribuirá en función das súas necesidades, sempre que finalice antes do 31 de decembro. Hai 40 prazas dispoñibles. A inscrición pode formalizarse aquí.

Aínda que a formación é gratuíta, a emisión e envío de certificado ao domicilio do/a alumno/a ten un importe de 15 euros.

O temario inclúe un marco histórico e conceptual sobre a cuestión da sexualidade, un apartado sobre o feito sexual humano, outro sobre sexualidade en persoas con dano cerebral adquirido, un máis sobre abordaxe da sexualidade, e finaliza cun tema sobre práctica profesional.

Os contidos foron elaborados por un grupo de traballo multidisciplinar, composto por profesionais de FEGADACE e das asociacións galegas de dano cerebral e baseado nos seus coñecementos e na súa experiencia directa e diaria co colectivo de persoas e familias con dano cerebral adqurido. A titora da formación vai ser Leticia Vila Posada, técnica de formación de FEGADACE.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)