Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Alento | 20/12/2022 | Un espazo da residencia de Alento

Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido

Laura Ramírez Ramos explica como funciona o centro residencial de Alento para a revista Eroski Consumer.

 

20/12/2022

As persoas con dano cerebral adquirido precisan coidados sociosanitarios específicos, apoio, estímulos e rehabilitación para poderen desenvolver o seu proxecto de vida. Laura Ramírez Ramos é psicóloga e tamén directora técnica da asociación Alento e explica neste texto como é a residencia que a asociación xestiona en Vigo.
 
O artigo é unha nova colaboración de FEGADACE coa revista Eroski Consumer, na que as nosas profesionais colaboran cada dous meses tratando algún aspecto de interese sobre o dano cerebral. Accede aquí:
 
Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).
 
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
 
A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
 
Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
 
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
 
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
 
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Alento Asociación de Dano Cerebral (Vigo - Pontevedra)