Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | | Captura da revista Madialeva 2

ADACE Lugo presenta o segundo número da súa revista trimestral Madialeva

O exemplar de decembro, elaborado polas persoas usuarias da asociación, é un especial de Nadal.

28/12/2022 | Lugo

A revista Madialeva, elaborada polas persoas usuarias de ADACE Lugo, publicouse puntualmente este mes de decembro, cun segundo número con contidos especiais de Nadal.

O boletín da asociación lucense estreouse no mes de setembro con vocación de editarse trimestralmente, e volve en decembro con 22 páxinas en PDF cheas de noticias, crónicas, fotografías, actividades de lecer e moito máis.

Madialeva comeza con entrevistas, a unha traballadora e con cinco preguntas simpáticas a outras tantas persoas usuarias. A continuación hai crónicas de actividades deportivas, de lecer, do Día do Dano Cerebral, ou da feira Diversiarte.

As actividades de lecer están máis centradas no Nadal, con dúas receitas doces, artesanías, sopa de letras, e a ligazón ao vídeo especial que fixo ADACE Lugo polas festas.
 

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)