Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Proxecto Rumbo | 23/01/2023 | Imaxe do Proxecto Rumbo

'Obxectivo: vida independente tralo dano cerebral', un novo artigo en Consumer

A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, presenta o Proxecto Rumbo na colaboración bimestral coa revista.

23/01/2023

Un novo paradigmna con respecto á discapacidade avanza grazas á aprobación da Convención de Dereitos das Nacións Unidas. Esta idea atravesa a filosofía de traballo do tecido asociativo, a nova lexislación, e tamén cada proxecto que formulamos.
 
Promovemos unha sociedade inclusiva na que defendemos a vida autónoma de cada persoa con dano cerebral adquirido, entendendo que as barreiras son unha cuestión social. Así o manifestamos a través da implicación de FEGADACE no Proxecto Rumbo, que traballa a prol dun "modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva".
 
A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, detalla as principais liñas deste proxecto, nun artigo para a revista Consumer no que tamén contextualiza eses cambios na concepción e modelo social da discapacidade. Accede aquí ao texto:
 
Objetivo: vida independiente tras el daño cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de FEGADACE (xaneiro 2023).
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
 
Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).
 
A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
 
Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
 
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
 
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
 
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)