Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 31/01/2023 | Pezas creadas no obradoiro de carpintería de DCA Ourense

Seis persoas usuarias de DCA Ourense participan nun obradoiro de carpintería

O grupo aposta pola reciclaxe, restaurando e creando produtos mentres desenvolven novas habilidades.

31/01/2023 | Ourense

O servizo de Educación Social de DCA Ourense organiza diferentes obradoiros grupais; entre eles, un de carpintería. Cada xoves, en horario de mañá, un grupo de seis persoas usuarias participa nesta actividade ocupacional que conta con dúas liñas de traballo:

- Restauración: Dándolle unha segunda vida a artigos que xa non empregan.
- Creación de produtos: Nesta modalidade parten da materia prima para crear obxcetos útiles ou de decoración como xogos de mesa, colgachaves ou marquetería.

Con este grupo preténdese satisfacer as necesidades ocupacionais e sociais das persoas participantes, elixindo de maneira grupal os proxectos en base aos seus intereses, habilidades e coñecementos; fomentando o traballo e a cohesión de grupo.

De maneira transversal, foméntase o compromiso, o coidado dos materiais e a orde no espazo de traballo, así como a precisión, coordinación e a motricidade fina. Por último, apóstase pola reciclaxe tentando así reducir o uso de nova materia prima.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense