© Pepe Carreiro | FEGADACE | 31/01/2023 | Portada de 'Mireia conta que é o dano cerebral adquirido'
Continúa o ciclo de obradoiros en escolas co conto dos Bolechas sobre o dano cerebral
A educadora social de FEGADACE vai repartir ás nenas e nenos 'Mireia conta que é o dano cerebral adquirido'.
'Mireia conta que é o dano cerebral adquirido' é o título da guía de 'Os Bolechas' que FEGADACE elaborou o ano pasado grazas á colaboración cos queridos personaxes infantís e o apoio da Deputación da Coruña.
Ademais de editar e distribuír o conto en todos os centros de ensino infantil e primario e en todas as bibliotecas e axencias de lectura dos concellos da provincia da Coruña, FEGADACE desenvolveu un ciclo de obradoiros en escolas.
Nestes obradoiros presentouse o conto, realizouse unha lectura acompañada da proxección das súas páxinas, e repartiuse un exemplar para cada nena e neno. Tiveron lugar no CEIP Galán de Arteixo e no CEIP da Igrexa de Cee.
O ciclo continúa en 2023. O día 17 de xaneiro tivo lugar a primeira destas lecturas no CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo. Ademais, nas próximas semanas a educadora social de FEGADACE visitará as escolas de Abegondo, Cambados e A Guarda.