Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Puntos de información

Pontevedra e Vilagarcía terán dous novos puntos de información sobre o dano cerebral

Atendidos por profesionais de FEGADACE e Alento, estarán dúas veces ao mes no Provincial e no Salnés.

16/02/2023 | Pontevedra e Vilagarcía

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés incorpora desde este mes dous novos puntos informativos sobre o dano cerebral adquirido, nos que profesionais de FEGADACE e de Alento achegarán información especializada sobre a nosa discapacidade.

Os puntos de información especializada sobre o dano cerebral achegan información, orientación e asesoramento sobre aspectos sociais, sanitarios, legais e outros que sexan de interese para o movemento asociativo e as persoas con dano cerebral, e están especialmente dirixidos a familias de persoas hospitalizadas nos centros que acollen este servizo: o Hospital Provincial de Pontevedra e o Hospital do Salnés:
 
  • Punto Informativo Hospital Provincial de Pontevedra
Espazo Asociativo do Hospital Provincial de Pontevedra
2º e 4º luns de cada mes
9:30 a 12:00
Responsable da atención: traballadora social de Alento
 
  • Punto Informativo Hospital do Salnés
Espazo Asociativo do Hospital do Salnés
1º xoves e os 3º mércores de cada mes
12:00 a 14:00
Responsable da atención: traballadora social ou educadora social de FEGADACE

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)