Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 23/02/2023 | Obradoiro de estimulación cognitiva en DCA Ourense

Fotos para facer xurdir recordos: obradoiro de estimulación cognitiva de DCA Ourense

Trátase de sesións grupais a través das que se reforzan ou manteñen capacidades nun ambiente distendido.

23/02/2023 | Ourense

O obradoiro de estimulación cognitiva de DCA Ourense realízase en grupo e céntrase na activación dos diferentes dominios cognitivos (atención, memoria, percepción, gnosias, linguaxe, función executiva, praxias, etc.) mediante tarefas estruturadas en distintos niveis de dificultade. Trátase principalmente de mellorar ou manter o funcionamento cognitivo das persoas usuarias da asociación ourensá.

No obradoiro tamén se levan a cabo terapias de orientación á realidade, terapia de reminiscencia, ludoterapia, etc., nun ambiente distendido e de verdadeiro compañeirismo, que contribúe ao mesmo tempo á instauración de novas relacións sociais e amizades.

Na ocasión que amosa a foto, poñen en práctica a técnica da reminiscencia, rememorando eventos da propia historia personal mediante a estimulación de recordos significativos que suscitan sentimentos positivos.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense