Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | | Convocatoria de ADACECO a 'La Voz del Paciente'

Vota polas terapias intensivas en neurorrehabilitación de ADACECO

A asociación coruñesa participa na iniciativa solidaria de Cinfa, optando a unha das axudas ata o 15 de marzo.

28/02/2023 | Online

ADACECO participa na iniciativa 'La Voz del Paciente' de Cinfa co seu proxecto 'Terapias intensivas en neurorrehabilitación aplicadas ao dano cerebral adquirido'.
 
VOTA AQUÍ O PROXECTO DE ADACECO
 
Trátase dun proxecto a través do que a Asociación de Dano Cerebral da Coruña ofrece rehabilitación funcional mendiante un programa de alta intensidade, co obxectivo de aumentar ao máximo a calidade de vida das persoas participantes.

'La Voz del Paciente' é unha iniciativa de Cinfa a través da que a entidade vai entregar 2.500 euros ás 100 iniciativas máis votadas na súa plataforma online. O prazo para apoiar a ADACECO está aberto ata o 15 de marzo.

As terapias intensivas de ADACECO están desenvolvidas por unha fisioterapeuta e unha terapeuta ocupacional especializadas neste tipo de intervencion. Trátase de mellorar a forza e control motor, o nivel de actividade e a participación nas actividades da vida diaria, de maneira que se incremente a calidade de vida da persoa con dano cerebral adquirido e a súa familia.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Subaguda: a rehabilitación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)