Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Vegalsa Eroski | 10/03/2023 | A directora de FEGADACE coas responsables de RSC de Vegalsa Eroski

Os 'Céntimos Solidarios' de Vegalsa-Eroski recadaron 222.500 euros en 2022

A Federación Galega de Dano Cerebral foi unha das destinatarias da recadación desta campaña, con 6.388 €.

10/03/2023 | Galicia

A semana pasada Vegalsa-Eroski fixo unha presentación do balance de resultados da campaña Céntimos Solidarios 2022, a través da que a cadea de alimentación facilita a participación da súa clientela no apoio económico a causas solidarias.

En concreto, a iniciativa recadou o ano pasado 222.500 euros que se destinaron a 24 causas solidarias baixo a iniciativa de entidades como Padre Rubinos, FEGADEM, a Cociña Económica da Coruña, Cruz Vermella, Meniños, Asanog, Fagal, FEGADACE e Fesbal.

O acto de presentación tivo lugar no centro Eroski da Sionlla, en Santiago, e contou coa asistencia da directora de FEGADACE, Begoña Hermida.

A Federación Galega de Dano Cerebral recibiu un total de 6.388,08 euros correspondentes á recadación do mes de xullo, titulada 'Axuda ás persoas con discapacidade ou problemas de saúde mental' e compartida con FEAFES Galicia.

O programa Céntimos Solidarios continúa este ano, cunha sucesión de causas que cada mes seguen dando a oportunidade á clientela de colaborar con iniciativas para a discapacidade, infancia, pobreza, e outras.

Arquivada en:
Transparencia > Financiadores
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)