Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACECO | 16/03/2023 | Charla informativa en Oleiros (2022)

Ciclo de charlas de FEGADACE: a información sobre o dano cerebral sae das cidades

Unha nova colaboración con Consumer recolle as principais conclusións do programa de sensibilización.

16/03/2023

Muller maior de 50 anos: ese é o perfil das persoas que asisten ás actividades informativas e de sensibilización de FEGADACE. Ademais, o 94% amosa un alto grao de satisfacción coas actividades, o que demostra o seu interese nas mesmas.

FEGADACE extrae este perfil dos datos recollidos nas 65 actividades de sensibilización e formación realizadas en 2022, demostrando o éxito dun programa que sae das principais cidades -núcleos nos que sitúan as cinco asociacións federadas- para levar información sobre o dano cerebral adquirido alá onde máis se precisa: onde non existe un recurso asociativo de referencia.

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda Iglesias, e a técnica de formación da Federación, Leticia Vila Posada, asinan unha nova colaboración con Eroski Consumer detallando máis polo miúdo estas e outras cuestións sobre a abordaxe da sensibilización sobre o dano cerebral:
 
Ciclo de charlas de FEGADACE: la información sobre el daño cerebral adquirido sale de las ciudades. Carla Miranda Iglesias e Leticia Vila Posada, traballadora social e técnica de formación de FEGADACE (marzo 2023).
 
A continuación, a relación completa de colaboracións publicadas ata o momento:
 
Objetivo: vida independiente tras el daño cerebral adquirido. Begoña Hermida Val, de FEGADACE (xaneiro 2023).
 
Como é unha residencia para persoas con dano cerebral adquirido. Laura Ramírez Ramos, de Alento (novembro 2022).
 
A importancia da familia na rehabilitación do dano cerebral adquirido. Elisa López Fernández, Iria Abel Parga e Pablo Freire Portelaz, de ADACE Lugo (setembro 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que xestións facer e como acceder aos recursos. Eugenia Veloso Osuna, Olalla Domínguez Díaz e Laura Segade Fernández, de Sarela (xullo 2022).
 
Rehabilitación no dano cerebral adquirido, quo opcións hai e en que consisten?. Inés Cortés, Rebeca Yebra, María Penas, Lara Bermejo, Alejandro Belo e Beatriz Prada, de ADACECO (maio 2022).
 
Como previr o dano cerebral adquirido: atención e control dos seus factores de risco. José Antonio Fernández Delgado, educador social de Renacer (marzo 2022).
 
Dano cerebral adquirido: que é, causas e factores de risco. Sara Buxó Pérez, traballadora social de Alento (xaneiro 2022).
 
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras. Elisa López Fernández, neuropsicóloga de ADACE Lugo (novembro 2021).
 
O lecer, un dereito para as persoas con discapacidade como o dano cerebral adquirido. María José Hermida (terapeuta ocupacional) e Noelia Parente (educadora social), de Sarela (setembro 2021).
 
 
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)