Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 03/04/2023 | Plan de Igualdade

FEGADACE inicia os traballos de elaboración do seu novo Plan de Igualdade

Da man da consultora Recursos Galicia Consultoría & Formación, traballará nos próximos meses para dotarse do novo Plan de Igualdade da Federación.

03/04/2023 | Santiago

Durante o mes de marzo de 2023 a Federación deu inicio ao proceso de elaboración do novo Plan de Igualdade da entidade. Este plan terá unha vixencia de catro anos, iniciando en 2024 ata 2028. O día 23 de marzo foi comunicado o compromiso da entidade co inicio do proceso, o cal se desenvolverá durante seis meses e conta coa participación e implicación activa de todos os actores chave, incluíndo a representación sindical, que forma parte da Comisión Negociadora a constituirse en abril. 
 
O obxectivo que persegue FEGADACE é dotar de maior envergadura a todas as medidas de conciliación e promoción da igualdade implantadas, co fin de promover un cambio organización e consolidar o que xa está feito, no que a perspectiva de xénero estea plenamente integrada e se acade a plenitude de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no seo da organización. Este proceso mostra un novo compromiso coa iguladade e non discriminación, tanto de xeito interno, como externo da entidade, que desde os seus inicios aposta pola corresponsabilidade e a conciliación, sendo unha das prioridades na organización da entidade. 
 
Ademais da elaboración do Plan, a federación traballará baixo a asesoría de Recursos Galicia no desenvolvemento dunha Consultoría Grupal, unha acción formativa sobre a elaboración de plans de igualdade dirixida ás asociacións federadas. O obxecto consultaría é resolver dúbidas e acompañar no proceso de elaboración do plan de igualdade a cada entidade interesada, que inclúe compromiso, negociación, diagnose e elaboración de documentación específica. Nesta ocasión participan dúas das cinco entidades membro: ADACE Lugo e SARELA Santiago. 
 
 

Arquivada en:
Transparencia > Documentos corporativos
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)