© Enclave de Salud | 27/04/2023 | Enclave De Salud _Entrevista FEGADACE
FEGADACE protagonista da entrevista mensual de Enclave de Salud
A revista Enclave de Salud dedica a sección "La Voz de los Pacientes" ao Dano Cerebral Adquirido.
"O medo e a desorientación nos que están inmersas as familias, derivado de insuficiente información, formación e apoio institucional, son algunhas das situacións sobre as que actuamos desde o movemento asociativo. Esta situación prodúcese con máis intensidade nos primeiros momentos trala alta no hospital e transición do ámbito hospitalario ao de atención primaria. Esta etapa é chave na atención ás persoas e familias con dano cerebral adquirido, xa que contribúe a garantir a continuidade asistencial asegurando que sexan cubertas as necesidades de atención, non só terapéuticas se non tamén de formación e empoderamento da contorna familiar para facer fronte á nova realidade, é imprescindible".
Este é un fragmento da entrevista que a revista Enclave de Salud realizou á directora da federación co fin de expor a caracterización do dano cerebral en Galicia, a do movemento asociativo organizado arredor de Fegadace e conformado por ADACE, ADACECO, ALENTO, DCA Ourense e SARELA, e explicar as principais liñas de acción das asociacións así como as principais necesidades de atención e apoio das persoas e familias con dano cerebral.
O establecemento, reforzo e consolidación de alianzas con todo tipo de axentes sociais estratéxicos que contribuan á mellora da calidade de vida das persoas con DCA é unha prioridade para o noso movemento asociativo. E sen dúbida, as farmacias organizadas entorno aos Colexios Oficiais, como é o de Pontevedra, é chave.
Consulta aquí a entrevista completa.