Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 09/05/2023 | Cartel Curso Apoio no Fogar de Persoas con DCA-Edición UDC Saudable

Formación en Dano Cerebral Adquirido para a Comunidade Universitaria da UDC

No marco do convenio de colaboración asinado o mes pasado entre a UDC Saludable e FEGADACE, ábrese prazo de inscrición para as primeiras accións formativas

09/05/2023 | A Coruña

No marco do Convenio de Colaboración asinado no mes de marzo entre a Universidade de A Coruña e FEGADACE co obxecto de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación, a divulgación e a cultura en xeral, dentro daquelas áreas nas cales ambas teñan interese manifesto, hoxe dase luz verde ás dúas primeiras accións de desenvolvemento conxunto. Trátase de dúas accións formativas en modalidade online que se desenrolarán a través da Escola Dano Cerebral
 
As dúas formacións, que se poderán cursar nos meses de xuño e xullo de 2023, están abertas para toda a comunidade universitaria do centro coruñés. Todas as persoas interesadas poderán formalizar as inscricións 
 
- Curso Atención no Fogar de Persoas con Dano Cerebral Adquirido.- Características destacadas: 18 horas duración, período de 01/07 a 31/07, idioma galego, matrícula e emisión de certificado de balde. Inscríbete neste enlace.  
- Curso de Sexualidade e Dano Cerebral Adquirido.- Características destacadas: 50 horas duración, período lectivo do 01/06  a 31/07, idioma castelán, matrícula e emisión de certificado de balde. Inscríbete neste enlace
 
As prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición ate esgotar as 50 dispoñibles para cada formación. 
 
Todas as persoas que formen parte desta comunidade universitaria, poden acceder a toda a información de interese a través dos carteis e guías pedagóxicas de cada unha das accións. 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)