Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 29/05/2023 | Asistentes ao Encontro de Profesionais de FEGADACE

Profesionais de FEGADACE e as asociacións de dano cerebral formáronse nos ODS

O encontro reflexionou sobre como se aliña o noso labor cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

29/05/2023 | Santiago

Na mañá do sábado, case 70 traballadoras e traballadores de FEGADACE e das súas asociacións federadas reuníronse en Santiago para o Encontro de Profesionais, unha acción formativa e de encontro e intercambio de ideas.

O Encontro centrouse no coñecemento dos Oboxectivos de Desenvolvemento Sostible definidos na Axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas, e na reflexión sobre como se aliña cos mesmos o labor que desenvolve o movemento asociativo do dano cerebral.

Para o estudo dos ODS contouse co apoio de Anthesis Lavola, que desenvolveu unha dinámica interactiva para a exposición dos 17 obxectivos, e diferentes propostas a través das que, en grupos, as persoas asistentes ao Encontro identificaron que accións están xa a traballar para as metas da Axenda 2030, e que novas propostas se poderían implantar para reforzar, aínda máis, a consecución das mesmas.

O encontro pechouse coa intervención do especialista en neurociencia e neurofisioloxía Xurxo Mariño, que falou sobre 'O Sorprendente Desenvolvemento do Cerebro Humano'.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)