Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© DCA Ourense | 05/06/2023 | Laborterapia: decorando macetas

Laborterapia: creando un xardín sensorial en DCA Ourense

As persoas usuarias da asociación de dano cerebral ourensá están a preparar macetas para decorar o centro.

05/06/2023 | Ourense

As persoas usuarias de DCA Ourense están a preparar fermosas macetas para o xardín sensorial que está a preparar a asociación nas súas instalacións.

Realizando este labor combínanse aspectos cognitivos (atención sostida, concentración, planificación e organización...) con outros máis psicomotores (traballo de pinza, torsión de pulso...) así como psicosociais (establecendo unha meta supraordenada, un propósito a acadar entre todos os membros do grupo).

Ademais, foméntase a Orientación á realidade, planificando cultivos asociados á época do ano, e tamén a reminiscencia a través da evocación de recordos, individuais e colectivos, vencellados aos mesmos.

Pasiño a pasiño avanzan nesta idea, co propósito de ter listo o xardín para o verán, e de darlle un toque verde e aromático ás súas instalacións.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > DCA Ourense