Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© ADACE Lugo | 05/06/2023 | Obradoiro de cestería no Centrad

As persoas usuarias de ADACE Lugo asistiron a un obradoiro de cestería

Tivo lugar no Centro de Artesanía e Deseño (Centrad), onde tamén visitaron a exposición permanente.

05/06/2023 | Lugo

As persoas usuarias de ADACE Lugo pecharon o mes de maio visitando, no seu derradeiro día, as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) de Lugo.

Unha actividade de lecer pero na que tamén se puxeron en práctica diferentes habilidades manuais e das relacionadas coa atención e a concentración; todas elas importantes na rehabilitación do dano cerebral adquirido.

Así, en primeiro lugar asistiron a un obradoiro de cestería, no que aprenderon a trenzar e elaborar canastras de vimbio.

A continuación realizaron unha visita á exposición permanente do Centrad, que conta con salas sobre o Libro, o Traxe, Cestería e Olería Tradicional, e Instrumentos Musicais, Obxectos Sonoros e Arquivo documental.

Arquivada en:
O Dano Cerebral > Fases do dano cerebral > Crónica: vivir con dano cerebral adquirido
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Asociación de Dano Cerebral de Lugo (ADACE Lugo)