© ADACECO | 17/07/2023 | Asistentes á sardiñada de ADACECO
ADACECO reúne a un cento de persoas nunha sardiñada en Eirís
Socias, usuarias, familiares e profesionais da asociación celebran unha xornada festiva de convivencia.
Un cento de persoas entre socias, usuarias, familiares e profesionais de ADACECO participaron nunha sardiñada o pasado 7 de xullo. A actividade, realizada grazas á colaboración de empresas como Mariscos P. Fernández, ASV eventos, Ecousos, Trebopan, Gadis e Estrella Galicia, celebrouse na parcela de Eirís cedida á asociación polo Concello da Coruña. A convocatoria do evento, ademais de supoñer unha xornada lúdica de convivencia, permitiu que as persoas que acudiron coñeceran os terreos nos que a asociación prevé construír o Centro Integral de Dano Cerebral Adquirido unha vez consiga financiamento.