O ictus tamén se denomina ACV (accidente cerebrovascular), ataque cerebral ou apoplexía. Prodúcese cando se interrompe ou reduce drasticamente a subministración de sangue a unha parte do cerebro, privando aos tecidos do cerebro de osíxeno e alimento. As células do cerebro comezan a morrer en cuestión de minutos.
O ictus é o causante do 78% dos casos de dano cerebral adquirido.
Como se ve na ilustración, hai dous tipos de ictus: o isquémico (interrupción do subministro sanguíneo pola formación dun trombo) e o hemorráxico (pola rotura dun vaso). O accidente isquémico transitorio (AIT) é un episodio breve, de menos dunha hora, e sen evidencia de infarto agudo, que se produce pola falta temporal de aporte sanguíneo a unha parte do cerebro.
Cando se produce un ictus é fundamental actuar rapidamente. Os avances en Neuroloxía permiten minimizar as súas secuelas se a intervención se produce nas primeiras tres horas pero, canto máis se tarda en aplicar o tratamento, máis risco hai de que esas secuelas permanezan coa persoa, provocándolle un dano cerebral adquirido.
A clave para unha rápida intervención é o coñecemento e identificación dos síntomas de alarma do ictus, que se resumen nos 3F, e poñerse en contacto inmediato cos servizos de emerxencias (112) ou urxencias médicas (061). Para máis informacion sobre os 3F pincha aquí.
![]() |
![]() |
![]() |
Non é capaz de dicir correctamente palabras simples | Non pode ter os dous brazos elevados á mesma altura mentres conta ata 10 | Non mostra todos os dentes ao sorrir |
En inglés, os síntomas de alarma e a conduta a seguir resúmense na palabra "fast", que significa "rápido". Hai máis información na web da Asociación Americana de Ictus (ASA, polas siglas en inglés):
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Face drooping
(Cara caída)
|
Arm Weaknes
(Debilidade no brazo)
|
Speech Difficulty
(Dificultade na fala)
|
Time to call
(Tempo para chamar)
|
Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), correspondentes á enquisa 'Defuncións segundo a Causa da Morte' de 2019 (con datos de 2018), o ictus é unha das primeiras causas de morte en Galicia, a segunda no caso das mulleres. Inclúense ademais os datos de mortalidade causada por doenzas hipertensivas e por diabetes, que son, á súa vez, factores de risco do ictus:
DOENZA | Enfermidades cerebrovasculares | Tumor maligno da tráquea, dos bronquios e do pulmón | Enfermidades hipertensivas | Diabetes mellitus |
AMBOS SEXOS | 2.133 | 1.558 | 828 | 530 |
HOMES | 869 | 1.207 | 297 | 223 |
MULLERES | 1.264 | 351 | 531 | 307 |
Segundo a mesma enquisa, as doenzas cerebrovasculares son a segunda causa de morte en España, e a primeira en mulleres:
DOENZA | Doenzas isquémicas do corazón | Enfermidades cerebrovasculares | Enfermidades hipertensivas | Diabetes mellitus |
AMBOS SEXOS | 31.152 | 26.420 | 12.496 | 9.921 |
HOMES | 18.423 | 11.435 | 4.108 | 4.407 |
MULLERES | 12.729 | 14.985 | 8.388 | 5.514 |