Prevención do dano cerebral adquirido
Na sección de proxectos pódense consultar as diferentes iniciativas e campañas de prevención do dano cerebral promovidas por FEGADACE.
Ictus
Galicia ten unha incidencia de ictus superior á media estatal que non para de medrar debido, sobre todo, ao envellecemento poboacional (a idade é un dos principais factores de risco do ictus), aínda que tamén aos cambios nos hábitos alimentarios, ao sedentarismo e a outros factores como o estrés.
A través dos seguintes consellos pódese axudar a mitigar os factores de risco do ictus:

-
Controlar a presión arterial
-
Controlar o colesterol
-
Seguir os controis médicos e non se automedicar
-
Levar unha dieta equilibrada
-
Manter un peso saudable
-
Practicar exercicio con regularidade
-
Practicar técnicas de relaxación
-
Descansar e durmir ben
-
Limitar o consumo de alcol
-
Evitar o tabaco
-
Evitar o consumo de drogas
-
Exercitar o cerebro: aprender idiomas, debater, ler... calquera pequeno desafío intelectual axuda!
Todas estas pautas pódense resumir na seguinte: manter unha vida sana e activa a nivel físico e cognitivo.
Accidentes de tráfico
Cómpre seguir as normas de seguridade viaria que aconsellan a Dirección Xeral de Tráfico e outras entidades como Stop Accidentes:
-
Respectar os límites de velocidade
-
Non conducir baixo os efectos do alcol ou as drogas
-
Usar o cinto de seguridade
-
Conducir dentro dos límites da vía
-
Cumprir coas normas de circulación
-
Usar o casco nos vehículos de dúas rodas
Antes de emprender viaxes longas, é recomendable consultar o estado das estradas que se van transitar a través dos servizos informativos da DGT: páxina web, Twitter e o teléfono 011.
Accidentes laborais
A maioría de accidentes laborais que rematan provocando un dano cerebral adquirido son accidentes ‘in itinere’. Para evitalos cómpre seguir os mesmos consellos de seguridade viaria do apartado referente a accidentes de tráfico.
Outros consellos de utilidade para evitar accidentes no ámbito do traballo son:
-
Obedecer as normas derivadas da Lei de Prevención de riscos laborais.
-
Manter as medidas de seguridade e hixiene no traballo asignadas a cada posto.
-
Respectar as pausas e descansos que axudan a controlar o estrés laboral.
Caídas
Unha caída é a consecuencia de calquera acontecemento que precipita a unha persoa ao chan en contra da súa vontade. A idade acrecenta o risco de caídas; para previlas pódese:
-
Facer exercicio físico regularmente.
-
Preguntar ao médico sobre os efectos secundarios dos medicamentos e seguir os seus consellos.
-
Facer, cando menos, unha revisión ao ano de vista e oído.
-
Erguerse con coidado despois dun repouso prolongado.
-
Facer uso das axudas técnicas que recomendan os/as profesionais.
-
Retirar alfombras ou usar antideslizantes.
-
Cambiar a bañeira por un prato de ducha.
-
Lembrarse de prender a luz ao erguerse pola noite.
-
Suxeitar a cadeira no momento de sentar, para que non escape para atrás.
-
Agarrar o pasamáns para subir e baixar escaleiras.
-
Procurar non deixar obxectos tirados no chan.
-
Colocar os produtos de uso cotián o máis á man posible.
-
Empregar zapatos con sola de goma e que suxeiten ben o pé.
-
Ter coidado cos chans húmidos.
-
Escribir o número de emerxencias en grande e telo preto do teléfono, nun lugar visible.
-
Poñer o teléfono preto do chan.
Golpes no deporte
Os traumatismos causados por golpes no xogo e no deporte están detrás de boa parte dos casos de DCA que afectan ás persoas máis novas. Para evitalos débese:
-
Practicar o xogo limpo: manter un comportamento respectuoso co opoñente, árbitro e asistentes; non facer trampas e promover a convivencia e a deportividade.
-
Promover unha competición sa: primar os valores do xogo e da diversión por riba dos da competitividade, evitando a violencia.
FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=243