Que é o dano cerebral adquirido

O dano cerebral adquirido é unha lesión que se produce nas estruturas cerebrais de forma súbita en persoas que naceron sen dano ningún no cerebro.

Esta lesión pode estar causada por unha enfermidade (ictus, tumor cerebral, anoxia, doenza metabólica...) ou por un traumatismo cranioencefálico (motivado por un accidente de coche, laboral, un golpe, unha caída...), e causa un amplo abano de secuelas que se presentan con diferente intensidade e en distinta medida en función da persoa. Moitas veces é difícil detectalas, e por iso se lle chama "discapacidade invisible" e "epidemia silenciosa".

Trátase dunha discapacidade recente, principalmente por dous motivos: o desenvolvemento da atención médica de urxencias (que salva vidas que antes se perdían por un ictus ou unha lesión, pero que sobreviven con secuelas) e o incremento da incidencia do ictus (por causa do envellecemento poboacional e cambios nos hábitos de vida).

Discapacidade invisible

Incidencia

Número de casos novos de DCA que se producen ao ano nunha poboación determinada (Galicia e España). Datos baseados en cifras recollidas en 2010-2012.

  ICTUS TRAUMATISMO ANOXIA TOTAL
GALICIA 6.386 453 sen datos 6.839
ESPAÑA 99.284 4.937 481 104.697

Prevalencia

Proporción de individuos dunha poboación que presentan unha característica determinada nun período concreto (datos de 2010-2012).

  ÁMBITO HOMES MULLERES TOTAL
TOTAL GALICIA 16.602 19.154 35.756
  ESPAÑA 199.733 220.332 420.065
TAXA POR MIL GALICIA 12,6 13,6 13,1
  ESPAÑA 8,9 9,7 9,3

Estudos

Unha das reivindicacións do movemento asociativo é que se investigue máis a fondo o dano cerebral desde o punto de vista epidemiolóxico. Os datos e información que temos ata o momento proceden das seguintes fontes:
 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=244