Voluntariado

Rede de apoio mutuo a persoas maiores e con dano cerebral

Persoas usuarias de ADACE Lugo xogan √° bocciaUn proxecto para o establecemento dunha rede de voluntariado na que persoas con dano cerebral e persoas maiores colaboran mutuamente.

O voluntariado exércese en dúas direccións:

As persoas con dano cerebral realizan voluntariado coas persoas maiores, tratando de prestarlles apoio contra o aillamento e axuda en tarefas básicas. Esta actividade serve para promover a súa autonomía persoal e a motivación, fundamental para abordar a vida tralo dano cerebral.
 
As persoas maiores acceden á realización de voluntariado nas asociacións de dano cerebral adquirido. As persoas usuarias reciben os coñecementos e experiencia das persoas maiores no seu lugar de referencia: o contorno asociativo.
Financiamento: Obra Social La Caixa
Execución: 2017-2018

Encontro de Voluntariado

Espazo de encontro, intercambio de experiencias e formación para as persoas voluntarias das asociacións. Do segundo destes encontros xurdiu o seguinte documento:

Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: 2013, 2014 e 2016


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=257