Formación

FEGADACE organiza accións de formación para as persoas con dano cerebral, familiares e coidadoras, equipos profesionais, voluntariado... co obxectivo de mellorar as súas capacidades e incrementar a calidade dos coidados que reciben as persoas con dano cerebral. A Federación adoita colaborar con outros organismos, entidades e institucións para ampliar a recepción destas actividades e para xerar recursos especializados.

Para persoas coidadoras

Hixiene oral

Froito da colaboración coa Unidade para Persoas con Necesidades Especiais da Facultade de Odontoloxía da USC, FEGADACE elaborou unha serie de materiais formativos destinados a facilitar a abordaxe da hixiene bucodental diaria da persoa con dano cerebral.
Titoriais de hixiene oral
A persoa independente A persoa con dependencia moderada A persoa con dependencia severa
Consellos de saúde oral
Exterior do folleto sobre saúde oral e dano cerebral Interior do folleto sobre saúde oral e dano cerebral
Exterior do folleto sobre Dano Cerebral e Saúde Oral Interior do folleto sobre Dano Cerebral e Saúde Oral
Descarga aquí o folleto sobre Dano Cerebral e Saúde Oral.
Amplía esta información na páxina web www.odontoloxia-accesible.org.

Coidados e atención da persoa con dano cerebral

Portada da guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral
A guía Cousas que debes saber sobre o Dano Cerebral Adquirido cando o teu familiar está no hospital intenta paliar a desorientación e angustia dos primeiros momentos informando ás persoas e familias dos seus dereitos e dos recursos de apoio, atención e rehabilitación que existen no seu contorno.
 
Tamén achega indicacións xerais sobre como proporcionar os coidados e atención básica.
 

Escola Galega de Saúde para Cidadáns

A Federación colabora coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da ACIS, que á súa vez forma parte do Sergas, na organización de actividades formativas dirixidas a familias e persoas coidadoras.
Formación para persoas coidadoras 2019 Cartel dos obradoiros de FEGADACE e a EGSC 2019
Contidos: Obradoiro sobre o Dano Cerebral Adquirido: Guía para as familias
Docencia: Marta Barbeito (Traballadora Social de ADACECO), Jose A. Delgado (Educador Social de Renacer), Ana Ruiz (Terapeuta Ocupacional de Sarela), Nerea Darriba (Terapeuta Ocupacional de ADACE Lugo), Lucía Fraiz (Traballadora Social de ADACE Lugo), Laura Ramírez (Psicóloga de Alento) e Amparo Rodicio (Neuropsicóloga de Alento)
Asistencia: 64 persoas
Localización: Centro de Saúde Fontenla Maristany (Ferrol) | CHUO (Ourense) | Hospital Abente e Lago (A Coruña) | CHUS (Santiago) | HULA (Lugo) | CHUVI (Vigo)
Financiamento: Escola Galega de Saúde para Cidadáns
Execución: Outubro de 2019
Formación para persoas coidadoras 2016 Formación para persoas coidadoras 2015
Contidos: Obradoiro de coidados e recursos para persoas con DCA | Obradoiro de primeiros auxilios en DCA | Obradoiro de rehabilitación e fisioterapia en DCA
Docencia: Minia Amboage e Ana Mª Gesto (Enfermeiras da EOXI da Coruña), Marta Barbeito (Traballadora Social de ADACECO), Nuria Gracia (Médico Base de Ourense), Laura Teijeiro (Fisioterapeuta de ADACE Lugo), Dolores Otero (Enfermeira da EOXI de Santiago), Eugenia Veloso (Traballadora Social de Sarela) e Óscar González (Enfermeiro da Base de Vigo)
Asistencia: 113 persoas
Localización: Hospital Abente y Lago (A Coruña) | Renacer (Ourense) | HULA (Lugo) | Sarela (Santiago de Compostela) | Alento (Vigo)
Financiamento: Escola Galega de Saúde para Cidadáns
Execución: Xuño de 2016
Contidos: Obradoiro de coidados e recursos para as persoas con dano cerebral
Docencia: Lourdes Bermello (Enfermeira da EOXI de Lugo), Iria Abel (Traballadora Social e directora de ADACE Lugo), Anabel Paz (Enfermeira Supervisora da EOXI de Vigo), Alba Fernández (Traballadora Social de Alento) e Ana María Gómez (Enfermeira da EOXI de Ourense)
Asistencia: 41 persoas
Localización: HULA (Lugo) | Alento (Vigo) | Renacer (Ourense)
Financiamento: Escola Galega de Saúde para Cidadáns
Execución: Outubro - novembro 2015
Formación para persoas coidadoras 2013 Formación para persoas coidadoras 2012
Contidos: Obradoiro para coidadores de persoas con dano cerebral adquirido | Do domicilio ao ámbito social no dano cerebral adquirido
Docencia: Vanesa Mariño (directora de ADACE Lugo), Juan José Eiroa (fisioterapeuta), Luisa López (psicóloga de ADACE Lugo), Sabela Veiga (logopeda de ADACE Lugo), Almudena Almeida (terapeuta ocupacional de ADACE Lugo), Javier Sardiña (psicólogo clínico do CHUAC), Alba Fernández (traballadora social de Alento), Pablo Pérez (fisioterapeuta), Fernando Vidal (psicólogo), Araceli Oubiña (logopeda) e Ana Mª Campoy (terapeuta ocupacional do CHUVI)
Localización: HULA (Lugo) | Hospital Nicolás Peña (Vigo)
Financiamento: Escola Galega de Saúde para Cidadáns
Execución: Xaneiro e marzo 2013
Contidos: Obradoiro de Dano Cerebral Adquirido | Rehabilitación e Recursos
Docencia: Rosa Mª Yáñez (neuróloga do CHUO), José Javier González (psicólogo da unidade de DCA de Ourense), Esther Asensio (neuropsicóloga de Renacer), Mónica García (logopeda de Renacer), Vanesa Mariño (directora e traballadora social de ADACE Lugo) e Juan José Eiroa (fisioterapeuta)
Asistencia: 120 persoas
Localización: Ourense e Santiago
Financiamento: Escola Galega de Saúde para Cidadáns
Execución: 2012

Para profesionais da atención ao dano cerebral

FEGADACE organiza con periodicidade anual un Encontro de Profesionais das asociacións e da Federación no que se imparte unha formación transversal, de utilidade para o conxunto dos perfís e equipos. Ademais, realízanse outras accións formativas específicas a nivel interno.
Cartel do Encontro de Profesionais de FEGADACE de 2019 Cartel do Encontro de Profesionais de FEGADACE de 2018
Encontro de Profesionais de FEGADACE 2019
Encontro de Profesionais de FEGADACE 2018
Cartel do Encontro de Profesionais de FEGADACE de 2017 Cartel do Encontro de Profesionais de FEGADACE de 2016
Encontro de Profesionais de FEGADACE 2017 Encontro de Profesionais de FEGADACE 2016

Para o voluntariado

FEGADACE colabora con Voluntariado Galego na organización de accións formativas destinadas a incrementar a capacitación do voluntariado que colabora coas asociacións de dano cerebral.

Dano cerebral adquirido e prevención. Un espazo para a intervención dende o voluntariado O Voluntariado como mediador con persoas con DCA
Localización: online
Financiamento: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Execución: Maio e xuño 2014
Contidos: Definicións e conceptos básicos sobre discapacidade, Introdución ao Dano Cerebral Adquirido, As persoas con DCA
Localización: online
Financiamento: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Execución: Maio e xuño 2013
Dano cerebral adquirido e Ictus Voluntariado con persoas con dano cerebral adquirido
Contidos: DCA e Ictus
Localización: online
Financiamento: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Execución: 2012
Contidos: Introdución ao DCA, Traballo das entidades sociais no ámbito do DCA, Voluntariado
Localización: CABES (Santiago de Compostela)
Financiamento: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Execución: Xuño de 2011

 
 
 


FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=260