Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº67]

Logo FEGDACE

Luns, 24/09/2018

29 de setembro, XornadaDCA: calidade de vida e dano cerebral adquirido

Intervencións de Miguel Ángel Verdugo (sobre o enfoque multidimensional do concepto), Miguel Vieito (dereitos das persoas con DCA), Miguel Anxo García (vida digna e autodeterminación) e Francisco Castro, que presentará a novela Iridium. Entrega do 6º Premio FEGADACE - Miguel Blanco ao INICO.

Inscrición aberta pinchando aquí.

Programa da Xornada sobre o DCA 2018

Programa da Xornada sobre o DCA, que vai ter lugar na Facultade de Filosofía da USC (Compostela).

Máis noticias:

Francisco Castro lanza Iridium, unha novela xuvenil protagonizada por unha moza con DCA

A obra vaise presentar en Vigo o día 25 (Casa del Libro) e en Compostela o 29 de setembro (XornadaDCA).

Ruta en lancha polo Miño e visitas culturais nos respiros de Sarela e ADACECO

Actividade para o lecer das persoas con dano cerebral e o descanso dos coidadores e coidadoras.

ADACE Lugo proba o buceo adaptado no mar grazas á asociación 'Al agua sin limitaciones'

Asistiron catro membros da entidade que xa tiñan contacto con esta actividade na piscina.

Proxección da película Campeones para as persoas usuarias de Renacer

Actividade incluída no programa de lecer da asociación de dano cerebral de Ourense.


 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' na Facultade de Filosofía da USC

Coincidindo coa Xornada sobre o DCA, a mostra vaise poder ver ata o 15 de outubro no centro educativo, dependente da Universidade de compostelá.

Mapa de recursos

Mapa interactivo que recolle os recursos especializados de atención ao dano cerebral adquirido -nas súas diferentes fases- que existen dentro de Galicia.

Un intre de descanso no centro de Sarela Mapa de recursos de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=272