Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº68]

Logo FEGDACE

Luns, 8/10/2018

26 de outubro: Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido

As asociacións galegas de dano cerebral convocan un amplo abano de actividades conmemorativas que ocupan desde o 24 de outubro ata o 10 de novembro. O día grande (venres 26) chega cargado de deporte adaptado, mesas informativas e lecturas do manifesto reivindicativo. Ademais, haberá charlas (24 de outubro), máis mesas informativas (27 de outubro), un mercadiño solidario acompañado da actividade 'Ponte no meu lugar' (28 de outubro), e un concerto solidario (10 de novembro).

Detalle do cartel do Día do Dano Cerebral

Detalle do cartel editado por FEDACE a partir dun debuxo creado por varias persoas usuarias de Alento.

Máis noticias:

Publica a túa foto co xesto do DCA e os hashtags #DanoCerebralAdquirido #CoDanoCerebral #ConElDañoCerebral

Concurso de fotografía en redes sociais convocado pola Federación Española de Daño Cerebral.

Tamén conmemoramos o Día Mundial do Ictus (29 de outubro)!

Mesas informativas e prevención na efeméride internacional consagrada á principal causa do DCA.

Miguel Ángel Verdugo recolleu o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco no nome do INICO

Trala súa conferencia na Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, dedicada a calidade de vida e DCA.

O Grupo Socialista solicita que a Xunta volva asumir o custo do transporte non urxente

A iniciativa pola gratuidade do 065 debateuse a finais de setembro no pleno do Parlamento de Galicia.


 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' na Facultade de Filosofía da USC

Desde a Xornada sobre o DCA, e ata o 15 de outubro, a mostra pódese visitar no recibidor do centro educativo, dependente da Universidade compostelá.

Día Nacional do Dano Cerebral

Dentro do apartado de demandas do colectivo do DCA, a páxina web inclúe esta sección que informa das principais efemérides relacionadas co dano cerebral.

Un intre de descanso no centro de Sarela Cerebro afectado por un ictus

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=273