Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº72]

Logo FEGDACE

Luns, 17/12/2018

FEGADACE deséxache boas festas e un 2019 cheo de saúde para o teu cerebro

A Federación Galega de Dano Cerebral deséxache que pases boas festas e que teñas un feliz 2019, cheo de saúde para o teu cerebro. Ademais, nunha época do ano tan marcada polo consumismo, ofrecémosche algúns consellos para realizar agasallos solidarios mercando cultura (a novela Iridium), indo a feiras solidarias, seguindo algunhas recomendacións de comercio xusto ou asociándote ou facendo unha doazón.

Felicitación de Nadal 2018

Máis noticias:

O dereito ao voto esténdese a todas as persoas con discapacidade

Publicada no BOE a reforma da Lei electoral que amplía o sufraxio activo e pasivo a toda a cidadanía.

Día do Voluntariado: un agradecemento ao apoio ás persoas con dano cerebral

Máis de 70 persoas donan solidariamente o seu tempo ás asociacións membro de FEGADACE.

Actos 'baixo o mesmo paraugas' e no Parlamento polo Día da Discapacidade

Concentracións simultáneas en catro cidades o día 3 e lectura do manifesto do CERMI Galicia o 4 de decembro.
 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Mercado de Nadal de Sarela en Área Central

A Asociación de Dano Cerebral de Compostela venderá os seus produtos no centro comercial do barrio das Fontiñas (Santiago) na mañá do 19 de decembro.

Mapa de asociacións de FEGADACE

A Federación ten cobertura en toda Galicia, con dúas asociacións na Coruña e unha en Lugo, Ourense e Pontevedra. Máis información e contacto nesta sección.

Fragmento do cartel do Mercado de Nadal de Sarela Fragmento do mapa de asociacións de FEGADACE+

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=277