Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº75]

Logo FEGDACE

Luns, 04/02/2019

O Sergas realiza un estudo para a creación dun centro de rehabilitación para o DCA

O Sergas está a realizar un estudo para a creación dun centro público de referencia para a rehabilitación do DCA, segundo confirmou o director xeral de Asistencia Sanitaria na Comisión Parlamentaria de Sanidade, respondendo á pregunta da parlamentaria de En Marea Paula Verao. Verao pediu explicacións ao goberno sobre a execución do acordo plenario adoptado por unanimidade en 2016 segundo o cal a Xunta se comprometía a estudar nos primeiros meses do ano 2018 a creación en Galicia dun centro de referencia para o DCA.

Paula Verao, deputada de En Marea, durante a súa intervención no Parlamento

Máis noticias:

O 29 de xaneiro entrou en vigor a limitación de velocidade en estrada a 90 km por hora

Os accidentes son menos lesivos canto máis amodo se conduce polo que se reduce o risco de dano cerebral.

FEGADACE traballa nun proxecto de medición do valor da atención ao DCA

Obterase unha cuantificación económica a partir da percepción social dos servizos das asociacións.

As persoas con DCA piden respecto a través dos microconsellos de ADACECO

A asociación coruñesa edita unha recomendación cada mércores a través das súas redes sociais.

Entrevista sobre inclusión sociolaboral das persoas con DCA en Convivir

A educadora social Noelia Parente explica na Radio Galega como se aborda este labor desde as asociacións.
 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Diálogos con estudantes sobre Iridium

Francisco Castro, autor da novela, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento, iniciaron un ciclo de presentacións en institutos. En breve, máis datas.

Necesidades do colectivo

Recompilación das principais demandas do movemento asociativo do dano cerebral adquirido, baseadas no modelo de atención do Imserso.

Francisco Castro e Amparo Rodicio dialogan sobre o DCA cun grupo de estudantes Rehabilitación en ADACE Lugo

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=281