Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº76]

Logo FEGDACE

Luns, 18/02/2019

Editado un novo 'Caderno FEDACE' sobre inclusión sociolaboral e dano cerebral

Os Cadernos FEDACE son unha serie de documentos que se elaboran desde a Federación Española de Daño Cerebral aproveitando o coñecemento e a experiencia dos equipos profesionais das asociacións. Noelia Parente, educadora social de Sarela, forma parte do equipo que elaborou o último caderno, co que se acada o número 17.

Fragmento da portada do Caderno FEDACE 17

Máis noticias:

Sarela dispón dun punto de información e apoio a familias no hospital de Santiago

A asociación compostelá atende todos os mércores no 'Espazo asociativo do paciente' do CHUS.

Familiares e persoas con DCA de Ourense estrean a actividade de pilates

Renacer programa dous novos obradoiros destinados á mellora do benestar e das capacidades físicas.

As persoas usuarias de ADACE Lugo participaron nun torneo local de boccia

Trátase dun deporte paralímpico moi practicado nas asociacións de dano cerebral adquirido.
 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas en Lugo, Vigo, Ourense e Baños de Molgas

Os temas das formacións son o co-terapeuta familiar, a autodeterminación, o manexo físico e a prevención do DCA. Máis detalles na axenda da web.

Mapa de entidades socias

As asociacións membro de FEGADACE teñen implantación nas principais cidades, e organizan actividades a nivel local en todas as provincias.

Charla sobre prevención do dano cerebral Mapa de asociacións de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=282