Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº78]

Logo FEGDACE

Luns, 18/03/2019

Continúa o ciclo de charlas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais

A Federación está a desenvolver un proxecto informativo e de sensibilización para a prevención que consiste na organización de pequenas actividades formativas nos concellos máis illados e envellecidos de Galicia. As próximas van ter lugar en Crecente (21 de marzo), Aranga (22 de marzo) e Piñor (27 de marzo). Este proxecto pode levarse adiante grazas ás achegas que as persoas contribuíntes realizan marcando a X Solidaria.

Pola súa banda, as asociacións tamén están a organizar accións tanto de sensibilización para a poboación xeral como de formación para as familias e persoas con dano cerebral. Nos próximos días, Alento vai dar unha charla sobre as funcións executivas (20 ou 21 de marzo, a escoller) e Sarela formará ás persoas con disfaxia en alternativas nutricionais (25 ou 27 de marzo). A nivel máis informativo, ADACE Lugo vai dar unha charla en Rábade (26 de marzo) e Renacer fará o mesmo en Sanguñedo, no concello de Baños de Molgas (día 27).

Cartel do ciclo de charlas sobre o dano cerebral

Máis noticias:

Reformado o Código Penal para endurecer as penas por imprudencia en accidentes

A modificación inclúe como agravantes o exceso de velocidade e o consumo de drogas e alcol.

CERMI Mujeres denuncia a 'discriminación múltiple' das mulleres con discapacidade

A Fundación apoiou a folga feminista e editou un informe sobre dereitos humanos para conmemorar o 8M.

ADACECO dedica a como levar unha vida saudable tralo ictus a súa Xornada sobre DCA

O prazo de inscrición no encontro, que vai ter lugar o 6 de abril na Coruña, está aberto.
 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
IV Cea Benéfica de Renacer (Ourense)

O encontro social e solidario terá lugar o 29 de marzo no Restaurante Gastrobar Sanmiguel Ourense; as entradas xa se poden reservar contactando coa entidade.

Información para a atención

Catálogo de guías formativas sobre o DCA; dividido entre as destinadas a familiares e persoas coidadoras, e aquelas concibidas para o manexo por profesionais.

Cartel da IV cea benéfica de Renacer Portada da guía sobre o DCA de FEDACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=284