Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº80]

Logo FEGDACE

Luns, 15/04/2019

Un gran 'X' humano anima a marcar o cadro de fins sociais na Declaración da Renda

Santiago acolleu o 3 de abril a presentación da campaña da 'X Solidaria' 2019. Unhas 200 persoas beneficiarias de proxectos financiados grazas á recadación do 0,7% do IRPF debuxaron un X xigante na Praza da Quintana, visibilizando a importancia de marcar o cadro de 'fins sociais' na Declaración da Renda. Cubrir a casiña 'Actividades de interese social' non custa nada: nin pagas máis, nin che devolven menos.

Acto de presentación da campaña da X Solidaria 2019

Máis noticias:

FEGADACE sortea dez exemplares da novela 'Iridium' o 23 de abril, Día do Libro

Participa enviando un texto sobre a túa experiencia co dano cerebral adquirido a opina@fegadace.org.

Asinado o convenio de FEGADACE coa consellería de Política Social

A Federación recibirá 220.000 euros para programas de autonomía persoal, información, e outras actividades.

FEGADACE e as súas asociacións dótanse do seu primeiro Plan de Igualdade

O CERMI Estatal presentou tamén a renovación do seu documento para loitar contra a fenda de xénero.

Aberta a solicitude de campamentos de verán para persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia oferta un total de 185 prazas para grupos que van dos 11 aos 40 anos.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas informativas sobre o DCA

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados chega en abril a Xunqueira de Ambía e Montederramo.

Documentos corporativos

Recompilación de documentos que acreditan a fundación, recoñecementos e pautas de traballo que orientan a praxe diaria da Federación.

Cartel do ciclo de charlas sobre o dano cerebral Fragmento da portada do Plan de Igualdade de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=286