Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº81]

Logo FEGDACE

Luns, 29/04/2019

FEGADACE presenta unha guía para orientar ás familias nos primeiros momentos do DCA

Un grupo de traballo composto por profesionais de diferentes disciplinas das cinco asociacións membro de FEGADACE elaborou a guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital. Preséntase o 14 de maio nunha xornada sobre o dano cerebral adquirido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Portada da guía sobre o dano cerebral

Máis noticias:

FEGADACE celebrou o Día do Libro sorteando dez exemplares asinados de Iridium

Máis de 40 persoas participaron na convocatoria enviando un texto sobre a súa visión do dano cerebral. Pódense ler no Repositorio de experiencias da nosa web.

Sarela crea na Estrada e Arzúa dous puntos de información especializada en DCA

Súmanse á Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, onde se sitúan as asociacións de FEGADACE.

ADACE Lugo organiza un obradoiro para fomentar a lectura polo 23 de abril

As persoas usuarias da entidade leron un capítulo do seu libro preferido e elaboraron un mural.

Formación en seguridade viaria e prevención do DCA da man dun usuario de Renacer

A ferramenta dixital 'Mefacilyta' serve de apoio para a planificación, a memoria e a localización temporal.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas informativas sobre o DCA

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados continúa mañá en Avión e Punxín. Máis datas en maio!

Lembra marcar a X Solidaria

Información sobre as entidades beneficiarias e os proxectos desenvolvidos en 2018 grazas ás persoas contribuíntes que marcaron o cadro de fins sociais.

Cartel do ciclo de charlas sobre o dano cerebral Acto de presentación da campaña pola X Solidaria 2019

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org
 

 



FEGADACE
https://www.fegadace.org/
https://www.fegadace.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=287